2010 | Buzón de Suxestións
Buscar
 
Santi Domínguez destaca que 3.600 rapaces participan no programa “Unha lección de cine”, que potencia o galego
Vigo, 9 de marzo de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, asistiron este martes ao pase da película Pérez II, do programa “Unha lección de cine” que se desenvolve nos Cines Yelmo CinePlex do centro comercial Travesía, e no que participan máis de 300 rapaces e rapazas en cada sesión. Os nacionalistas destacaron que ata o final do programa 3.600 nenos e nenas participarán desta proposta, que une dun xeito lúdico cine e lingua.
María Méndez salienta que o programa Sereos atendeu 633 persoas no 2009 nun total de 85.860 intervencións
Vigo, 9 de marzo de 2010.- A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este martes balance do programa Sereos para a redución do dano correspondente ao 2009, ano no que foron atendidas 633 persoas nun total de 85.860 intervencións. A edil do BNG destacou a importancia do “traballo en rede” que se está a desenvolver na Concellería de Benestar Social para dar resposta ao problema da exclusión social.