Buscar  
Portada 
Hemeroteca 
Opinión 
Información e Participación Cidadá 
Urbanismo 
Infraestruturas 
Mobilidade, Tráfico e Seguridade 
Medio Natural 
Cultura e Patrimonio Histórico 
Educación 
Normalización Lingüística 
Servizos Sociais e Benestar Social 
Sanidade 
Muller 
Mocidade 
Turismo, Comercio e Emprego 
Facenda e Persoal 
Deporte 
Barrios e Parroquias 
Varios 
Portada
05/01/2009
Santi Domínguez recibe ás SS MM os Reis Magos nunha festa especial para os máis cativos
Vigo, 5 de xaneiro de 2009.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibíu esta mañá ás SS. MM. os Reis Magos nunha festa infantil que comezou ás 11 horas na Praza do Rei. Tras saudar aos Reis Magos, o tenente de alcalde expresou os seus desexos para este 2009, sobre todo para que as Súas Maxestades “teñan moita consideración coas persoas ás que lles está afectando a crise”.
ler máis...
 
 
23/12/2008
Vigolandia inaugúrase o venres “como o gran parque de atraccións do Nadal” e con obradoiros para os maiores
Vigo, 23 de decembro do 2008.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este martes que o vindeiro 26 de decembro e a ata o 30 de decembro, no Instituto Feiral de Vigo, abrirá as súas portas Vigolandia “que se consolida xa como o gran parque de atraccións de Nadal”. Santi Domínguez presentou hoxe esta iniciativa acompañado polo concelleiro de Cultura, Xesus López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e anuncio que por primeira vez Vigolandia vai contar tamén con obradoiros para os maiores.
ler máis...
 
 
23/12/2008
Santi Domínguez anima á cidadanía a visitar en Castrelos a mostra “Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal”
Vigo, 23 de decembro do 2008.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, animou a toda a cidadanía a visitar a exposición “Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal”, que se inaugurou este martes no Museo Municipal Quiñones de León. “Trátase da mostra máis importante que sobre Lugrís se ten feito na cidade”, salientou o tenente de alcalde no acto de presentación, no que tamén participaron a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o director do museo, José Ballesta, e os comisarios da mostra, José M. López Vázquez e Juan Monterroso, do departamento de de Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
ler máis...
 
 
23/12/2008
Atletas de renome participarán o día 31 na cuarta edición da San Silvestre no parque de Castrelos
Vigo, 22 de decembro de 2008.- A San Silvestre viguesa, que patrocina a Concellería de Deportes, cumprirá o próximo día 31 a súa cuarta edición e estima que, unha vez máis, superará a participación anterior (uns mil corredores e corredoras). A proba, non competitiva, dispútase no parque de Castrelos ás 17.00 horas, e todo o que queira participar terá unicamente que doar un alimento non perecedoiro para que o Club Atletismo Vigo, organizador da carreira, o entregue este ano ás Misioneiras do Silencio.
ler máis...
 
 
1-4