AVISO LEGAL
O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web "www.bng-vigo.org" que o GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE VIGO, con domicilio en Celso Emilio Ferreiro, 3 baixo, con dirección de correo electrónico ofi.bng@vigo.org e CIF número G32014003, pon a disposición dos usuarios de Internet.
O acceso ao sitio web www.bng-vigo.org dá a condición de Usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do usuario, de todas e cada unha das condicións incluídas neste Aviso legal.
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio web www.bng-vigo.org así como dos seus contidos pertencen, ben ao GRUPO MUNICIPAL do BNG DE VIGO, ben a terceiras persoas, polo que NINGÚN USUARIO está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización personal e privada. Queda pois prohibida a modificación, descompilación ou utilización comercial de cualquera parte desta. Só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web www.bng-vigo.org con fins informativos e de servizo. O Usuario é o único responsábel do seu mal uso.
Para acceder á información contida no sitio web e facer uso dos servizos ofrecidos, as e os menores de idade deben obter previamente permiso do seus pais, nais, titores ou representantes legais.
Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na web www.bng-vigo.org , son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas neles sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre as e os usuarios e o GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO. No caso de discrepancia entre a información contida no sitio web e a contida en papel, ínstase a esta última.O GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web www.bng-vigo.org sen previo aviso.
Os enlaces e hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacions e servizos ofrecidos por terceiros, no pertencen nin se atopan baixo o control do GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO, polo que non se fai responsábel nin da información contida neles nin dos efectos que puidesen derivarse da información.
O Usuario ten terminantemente prohibido introducir calquera tipo de virus no domino www.bng-vigo.org , así como tentar acceder aos seus datos, modificalos, acceder ás contas de correo, mensaxes, etc. En conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), os datos subministrados polo usuario NON serán incorporados en ningún ficheiro automatizado. Os datos de carácter persoal serán tratados co grao de protección axeitado, segundo o Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, tomaranse as medidas de seguridade precisas para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que se solicitaron ao Usuario. Finalmente o Usuario poderá exercer os seus dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación destes.
O GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións, calquera que sexa a orixe, que circulen pola súa rede ou polas redes ás que o Usuario poida acceder a través da web www.bng-vigo.org. O Cliente acepta expresamente deixar exento o GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO de calquera responsabilidade relacionada coa web www.bng-vigo.org. O Usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso aos ditos contidos así como da súa reprodución ou difusión.
O GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO non será responsábel das infraccións de cualquera usuario que afecte aos dereitos doutro usuario de www.bng-vigo.org , ou de terceiros, con inclusión dos dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.
O GRUPO MUNICIPAL BNG DE VIGO fará uso de accions civís ou penais que por lei corresponda, ante calquera utilización indebida do seu dominio web www.bng-vigo.org
Páxina anterior
Parte superior da páxina